Novas

O 17 de Maio, celébrase o Día das Letras Galegas adicado nesta edición de 2020 a Ricardo Carvalho Calero pola súa labor como escritor, crítico literario, filólogo e lingüista.
Aínda que neste ano a celebración oficial foi aprazada ata o día 31 de outubro, dende o Concello de Viana do Bolo, non queremos esquecernos dunha data tan importante para a nosa cultura, polo que organizamos unha serie de actividades para toda a veciñanza co obxectivo  de defender e querer a nosa lingua:
 

  • RELATOS DENDE O CONFINAMENTO, dirixidos á rapazada do CEIP Bibei, que conta cunha importante dotación económica a repartir entre todos/as os/as participantes, co obxectivo de reactivar o comercio local
  • Campaña “DEFENDE O GALEGO”, coa que animamos a toda a veciñanza a pendurar a bandeira galega o día 17 e colocar nos balcóns e fiestras unha serie de carteis da campaña “Queremos Galego”, que se repartirán dende o concello, a quen asi o solicite. Tamén se repartirán láminas para colorear, para os/as cativos/as.
  • AUTORES/AS DE VIANA HOMENAXEAN A CARVALHO CALERO mediante a lectura dalgúns dos seus poemas, os vídeos serán publicados nas Redes Sociais do Concello durante a fin de semana do 16 e 17 de maio.

Ver máis

Prema en "Ver mais" para acceder ó texto completo da nova e descargar o Bando en formato .pdf.
Tamén poderás descargar a Guía do Goberno para a Fase 1, así como a Orde do Ministerio de Sanidade 399/2020.

Ver máis

Por acordo da CECOP, volve a permitirse a práctica da pesca fluvial en Galicia.
 
Prema en "Ver máis" para acceder ó texto completo da nova e descargar o Bando en formato .pdf.

Ver máis

¡¡Con motivo da celebración das Letras Galegas, o Concello de Viana do Bolo organiza, un ano máis, unha iniciativa para que os/as cativos/as den renda solta á súa imaxinación e creen os seus propios relatos. Este ano, con motivo do confinamento, propoñemos unha actividade moi orixinal e divertida!! 
¡¡Anímate a participar!!

Ver máis

Hoxe, 23 de abril, celébrase o Día do Libro e, como ven sendo costume, o Concello de Viana do Bolo quere conmemorar esta data tan sinalada animando á lectura entre os/as veciños e veciñas.
O Concello de Viana do Bolo realizou, nos últimos anos, multitude de actuacións e actividades dirixidas a fomentar a lectura entre a veciñanza de Viana, dando mostras do seu interese e compromiso coa cultura, a educación, o coñecemento, etc. Entre as actuacións levadas a cabo destacan:
- a amplicación en máis de 1.000 exemplares da colección bibliográfica dispoñible na Biblioteca Pública Municipal de Viana do Bolo (BPM)
- ampliación e reforma das instalacións nas que se ubica a BPM
- realización máis de 20 obradoiros e contacontos de diversa temática (enmarcados dentro do Programa Ler Conta Moito da Rede de Biblitecas de Galicia (na que se inclúe a BPM de Viana)
- diversas presentacións de libros contando coa presenza dos/as autores/as dos mesmos, Bibliopiscina, etc.
- inclusión da nosa Biblioteca na "Rede Meiga", unha ferramenta para informatizar a xestión dos fondos da biblioteca, e que permite aos/ás socios/as da mesma acceder a multitude de información, documentación, recursos, web, buscadores, revistas, etc.

Ver máis