

Vacacións en Paz é un proxecto de acollida temporal de nenos e nenas saharauís durante os meses de xullo e agosto , que en Galicia desenvolve Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS).


Galicia participa nesta iniciativa solidaria desde o ano 1991, ofrecendo ás familias saharauís a posibilidade de que as súas fillas e os seus fillos gocen dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e os coidados das familias acolledoras galegas.


Este programa lévase a cabo grazas á colaboración económica da Xunta de Galicia, e o apoio dos concellos entre os que se inclúe o de Viana do Bolo.