👩‍🔬 O festival gratuito Pint of Science ES chega por primeira vez o 18 de maio a Viana do Bolo da man da nosa veciña e científica Ana Diéguez Antón.
 
👩‍🔬🔬 Moitas veces, as investigacións científicas que se desenvolven no rural dependen da colaboración directa da veciñanza: persoas que responden enquisas, ceden mostras ou comparten información valiosa sobre o seu territorio e a súa forma de vida. Porén, en demasiadas ocasións, os resultados deses estudos nunca regresan á comunidade que os fixo posibles. Por iso é fundamental achegar a ciencia aos lugares onde nace, compartir o coñecemento xerado e facer partícipe á sociedade do impacto da investigación na súa propia contorna.
 
👩‍🔬🔬 Levar iniciativas como Pint of Science ao rural tamén significa recoñecer o valor destes territorios como espazos de coñecemento, innovación e aprendizaxe.
 
📅 Data: 18 de maio 2026
 
⏰ Hora: 19:00 h
 
📌 Lugar: Bar Caracas
 
🤩🤩 Animádevos a participar e achegarvos á ciencia dun xeito diferente.
 
🐝🐝 A cata que terá lugar ao rematar o evento contará cun aforo de 30 persoas e a inscrición realizarase por orde de chegada.