

Como xa anunciamos, o Concello de Viana do Bolo está a por en marcha un programa de xestión de colonias felinas, para tratar de dar solución aos problemas derivados da proliferación incontrolada de gatos rueiros en varias zonas e rúas da nosa vila.


Despois de reunión informativa inicial que tivo lugar o 12 de maio, contamos coa implicación dun grupo de persoas voluntarias para realizar diferentes tarefas de xestión das colonias felinas de Viana.


Porén, para que o proxecto medre e siga adiante precisamos a TÚA AXUDA.


Se che gustan os animais e queres colaborar na xestión de colonias felinas, dentro da túa dispoñibilidade, envía unha mensaxe ao enderezo electrónico "cimviana@gmail.com" e poderás formar parte do grupo de voluntarios/as que xa está en marcha.