Compartimos un completo informe técnico e histórico sobre a explotación de As Borreas de Caldesiños (Viana do Bolo) elaborado polo recoñecido arqueólogo e historiador galego Manuel Xusto Rodríguez, quen viviu na súa infancia e adolescencia en Viana, coa que segue moi ligado.
O informe recolle as características deste xacemento romano único en Europa, así como o seu actual estado de conservación e propostas de actuación para mellorar dito estado.
Agradecemos de novo a Xusto todo o traballo que está a realizar de xeito desinteresado en prol da recuperación e posta en valor das Borreas de Caldesiños.