‼️🚗 Dende hoxe mesmo entran en vigor as seguintes medidas de ordenación do tráfico, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e facilitar a circulación:
 
✅🚶 Rúa San Roque
 
Queda prohibido o estacionamento nun dos laterais da rúa, co fin de reforzar a seguridade dos peóns e peoas que transitan por esta vía, mellorando a visibilidade e favorecendo un paso máis seguro.
 
✅🚗 Rúa Ferradal
 
Queda prohibido o estacionamento en toda a recta da rúa, para garantir unha circulación máis fluída e evitar atascos.
 
🙏👌 Pregamos á veciñanza que respecte a nova sinalización e agradecemos a súa colaboración para facer das nosas rúas espazos máis seguros e accesibles para todas e todos.