Este sábado, Mike Ross visita Viana do Bolo cun directo de puro rock coa alma e a esencia do blues británico. Unha banda con forza, calidade e un son que fará vibrar ao público desde o primeiro acorde.
Sábado 11 de xullo
22:30 horas
Rúa Ceferino Armesto
Achégate e goza dunha noite inesquecible de música en directo para inaugurar a programación de lecer deste verán. ¡Agardámoste!