🏢❓ O pasado venres 3 de xullo celebrouse unha reunión entre os distintos representantes políticos municipais co obxectivo de consensuar a apertura do antigo edificio da Praza de Abastos e definir o uso que terá tras permanecer máis de dous anos reformado e sen actividade.
.
🏢❓ Dende o actual equipo de goberno presentamos dúas propostas pensadas para responder ás necesidades da nosa veciñanza:
.
✅👥 Casa da Mocidade: un espazo de encontro para mozos e mozas de entre 11 e 16 anos, equipado con ordenadores, xogos de mesa, sala de proxección, televisión e outros recursos que fomenten un lecer saudable, a convivencia e actividades educativas nun ambiente seguro.
.
✅🏥 Traslado do PAC ao edificio, mediante a cesión da súa xestión ao SERGAS. Esta opción permitiría ofrecer un espazo máis amplo e independente para un servizo sanitario esencial, ademais de supoñer un aforro para o Concello ao asumir a Xunta de Galicia o mantemento do inmoble.
.
🔑🚪🆗 O noso obxectivo é claro: abrir canto antes este edificio e poñelo ao servizo da cidadanía, dándolle un uso útil, de interese xeral e acorde coas necesidades actuais do municipio.