

Co obxectivo de mellorar a circulación e reforzar a seguridade de peóns e peoas, levouse a cabo a instalación de bolardos en varios puntos da nosa vila:
.

Tramo estreito da rúa María Pita, co fin de protexer o espazo peonil e ofrecer unha maior seguridade ás persoas que transitan diariamente por esta rúa.
.

Entrada de locais comerciais e vivendas da Rúa San Roque e Travesía Liberdade.
.


Estas medidas buscan facer das nosas rúas espazos máis seguros, accesibles e cómodos para toda a veciñanza.
.


Agradecemos a comprensión e colaboración de todas e todos.