.


Dende o Concello seguimos ampliando o fondo da Biblioteca Pública Municipal para ofrecer lecturas actuais para todos os gustos e todas as idades. Nas imaxes podedes descubrir algúns dos novos títulos que xa están dispoñibles.
.


Novelas, aventuras, literatura infantil e xuvenil, historias para descubrir... en galego e castelán, agardándovos para acompañarvos este verán.
.


Ademais, este ano queremos contar coa túa opinión!
.


Que libro che gustaría atopar na nosa biblioteca? Déixanos a túa proposta nos comentarios. Todas as suxestións serán benvidas e valoradas.
.

Anímate a participar e... feliz lectura!