

Este curso 2026-2027, o Servizo de Conciliación “Madrugador@S” chega con novidade: comezamos xa no mes de setembro, co obxectivo de facilitar e mellorar a organización das familias desde o inicio do curso escolar.


Dende as 7:30 horas ata o inicio do horario escolar, as nenas e nenos participantes poderán desfrutar dun espazo lúdico, de xogo e aprendizaxe, acompañado e adaptado ás súas necesidades.


Un servizo pensado para dar resposta ás necesidades das familias que, por motivos laborais e/ou persoais, teñen dificultades para conciliar durante as primeiras horas da mañá.

PRAZOS DE INSCRICIÓN:

7 e 8 de setembro no caso de familias que xa participaran no pasado curso

9 e 10 de setembro para o resto de familias

FORMAS DE INSCRICIÓN:

Presencialmente, no CIM do Concello de Viana do Bolo.

De forma telemática, a través dos medios habilitados polo Concello.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA REALIZAR A INSCRICIÓN:

Solicitude de inscrición e Autorización de tratamento de datos persoais.
Orde de Domiciliación SEPA (só no caso de novas inscricións ou de inscricións de anos anteriores con cambios no nº de conta con respecto ao pasado ano)


Traballamos por unha Viana máis conciliadora, corresponsable, igualitaria e con máis recursos para as familias.