🎶🎵 ESCOLAS MUSICAIS MUNICIPAIS 2026-2027


O Concello de Viana do Bolo abre o vindeiro luns prazo de inscrición para as Escolas Musicais Municipais do curso 2026-2027,
.

MODALIDADES OFERTADAS:

Linguaxe musical – Solfexo (martes)

Guitarra (martes)

Piano (xoves)

Percusión (mércores)

Gaita (mércores)

Acordeón (mércores)
.

Dirixidas a nenos e nenas a partir de 6 anos e persoas adultas.
.

CUSTO MENSUAL:
• 1 modalidade musical: 10 €
• 1 modalidade + solfexo: 12 €
• 2 modalidades: 14 €
• 3 modalidades: 17 €
• 4 modalidades: 30 €
• 5 modalidades: 35 €
(Descontos para familias numerosas ou en risco de exclusión social)
.

INSCRICIÓN:

Documentación a presentar para formalizar a inscrición:

Solicitude de inscrición

Orde de domiciliación SEPA (só no caso de novas inscricións ou de inscricións de anos anteriores con cambios no nº de conta con respecto ao pasado ano)

Podes presentar a documentación a través do Rexistro electrónico do Concello de Viana do Bolo ou no CIM.
.

Inicio das escolas no mes de outubro.
.

Anímate a aprender, desfrutar e vivir a música en Viana do Bolo
Descargas