🎁🎁Como cada ano, o Concello de Viana do Bolo agasalla ás veciñas e veciños un fermoso calendario con imaxes de paisaxes e tradicións do noso concello.
 
🔨🥁 Este ano a homenaxe é para o noso Entrudio, que foi declarado recentemente Festa de Interese Turístico Nacional xunto cos Entrudios de Manzaneda e Vilariño de Conso.
 
🫴📆 Dende hoxe mesmo xa podedes pasar polas Oficinas do Concello a recoller o voso calendario.
 
😍😍 Esperamos que vos guste!!
 
📸📸 Grazas a J. Luis Ortiz e Andrés Ortiz, que ano tras ano, de xeito desinteresado, aportan as súas imaxes e creatividade para a elaboración dos calendarios.