📖⚽️ O mércores 17 de decembro ás 19:30 horas na Casa da Cultura tedes unha cita co deporte e a historia de Viana no acto de presentción do libro "C.D. Viana, 100 años de leyenda" de Jesús Salgado.

📖⚽️ A obra recolle máis de cen anos de encontros e máis de medio século como equipo federado, consolidado hoxe nas competicións provinciais e con fitos tan destacados como a consecución dunha Copa Deputación.

📖⚽️ Segundo o seu autor, o escritor vianés Jesús Salgado, o obxectivo principal da obra é dar a coñecer a evolución do fútbol en Viana do Bolo e render homenaxe a todas as persoas que fixeron posible esta traxectoria.

📖⚽️ Con este traballo de investigación, Salgado busca rescatar do esquecemento aos pioneiros do fútbol en Terras de Viana e proxectar cara ao futuro unha tradición deportiva que marcou a vida de xeracións de vianeses.

📖⚽️ Non o podedes perder!!