

O Concello de Viana do Bolo finalizou recentemente as obras de mellora do acceso á rúa da Galega.


Antes desta mellora, a entrada á rúa da Galega era complicada e perigosa, xa que era imposible acceder sen realizar manobras na estrada principal, co risco que esto conleva.


Agora xa se pode acceder dende outra nova vía moito máis sinxela e segura para os vehículos. facilitando moito o día a día dos/as veciños/as desa rúa e de Fornelos de Cova entre outros.