

O martes 30 de decembro temos preparada unha gran despedida de ano para a cativada e mocidade vianesa.

Unha gran Festa para despedir o ano dirixida a nenos/as de 0 a 11 anos (de 16:30 ha 18:30 h) con DJ, animación e bebidas gratis...

NON SE PRECISA INSCRICIÓN PREVIA


Un gran Cotillón de Fin de Ano dirixido a rapaces e rapazas de 12 a 17 anos (de 19:30 h a 23:00 h) con DJ, Bolsa de cotillón e 2 consumicións e merenda por 5 €.


A venda de entradas para a festa de maiores será dende o luns 22 ata o venres 26 de decembro nas Oficinas do CIM.


Recorda que para poder asistir debes entregar, cando merques a entrada, a Autorización asinada por unha persoa adulta.


As 2 festas (nenos/as e adolescentes) terán lugar no Comedor do CEIP Bibei e están organizadas pola ANPA Bibei e a ANPA do IES Carlos Casares.