Para activar a navegación con son seleccione o texto.
MINA DAS BORREAS
A singular riqueza mineira do Noroeste da península Ibérica foi un dos principais motivos da conquista romana, que tamén explicaría a expedición que protagonizou Décimo Xunio Bruto, alcumado O Galaico, en 137 a.C.
Así a minaría imperial (metalla publica), especialmente a do ouro, foi a principal actividade económica de Roma en Gallaecia et Asturia.
O escritor, militar, naturalista e científico Plinio o Vello (23 d.C-79 d.C), na súa obra Naturalis Historia, sinala que a explotación de ouro, estaño, ferro ou chumbo experimentou unha transformación radical durante a romanización, intensificando a súa extracción respecto da etapa anterior, protagonizada polos pobos indíxenas galaicos.
Antes da romanización a explotación do ouro era realizada polos indíxenas que habitaban nos castros mediante o bateo nas ribeiras dos ríos.
A MINARÍA ROMANA NO NOROESTE
As técnicas romanas de explotación do ouro (aurum) foron tres:
- O lavado ou bateo das areas nos praceres de area dos ríos, tal e como facían os indíxenas galaicos. Para
iso utilizaban cribas e bateas de madeira. É o que os romanos denominaban Aurum fluminum.
En palabras de Plinio:
"No noso mundo [...] o ouro extráese de tres modos: en primeiro lugar nas partículas [ou pebidas] dos ríos , como no Texo en Hispania [...] , e ningún é ouro tan puro, xa que está puído pola corrente. Extráese doutra forma mediante pozos ou búscase derrubando os montes. Falemos, pois, destes dous sistemas [...]"
- A explotación de filóns por medio de trincheiras pozos e galerías. Coñecido como Aurum canalicium ou canaliense, é o propio dos xacementos primarios en rocha ou filón.
En palabras de Plinio:
"O ouro que se extrae dos montes [mediante pozos de mina] chámase ' canalicium', outros o chaman 'canaliense'; adhírese ás pedras de mármore [calquera tipo de rocha dura] , non da maneira como brillan o zafiro de Oriente e o de Tebas e outras pedras preciosas, senón que envolve as partículas de mármore [quere dicir que se atopa por toda a roca, diseminado] [...]"
- A ruina montium era unha técnica que se aplicaba nos xacementos de ouro de aluvión ou secundarios. Favorecía que a forza da auga desfixera os conglomerados e lavara o ouro. Plinio denominouno tamén Aurum arrugiae –o ouro das arrugias–, isto é, o ouro obtido por medio da forza da auga.
En palabras de Plinio:
“O terceiro procedemento supera ao traballo dos Xigantes; as montañas son minadas ao longo dunha gran extensión mediante galerías feitas á luz de lámpadas, cuxa duración permite medir as quendas e por moitos meses non se ve a luz do día. Este tipo de explotación denomínase 'arrugia'. A miúdo ábrense fendas, arrastrando aos mineiros no derrubamento [...] Por iso déixanse numerosas bóvedas de pedra para soster as montañas”
A ADMINISTRACIÓN MINEIRA ROMANA
As minas eran propiedade do imperio e dependían do fisco. No Noroeste da península estaban controladas polo procurator Asturiae et Callaeciae, que administraba as minas e estaba asentado en Asturica Augusta (Astorga). Entre finais do s. I d.C e a primeira metade do s. II d.C cada zona mineira tiña ademais un Procurator metallorum, que residía na capital de cada distrito mineiro.
A Legio VII Gemina, formada por 6.000 soldados e con sede na cidade de León, xunto coas súas unidades auxiliares, tiña por obxecto protexer e controlar a extracción e transporte do ouro procedente do Noroeste.
Moedas:
Os romanos extraían ouro (aurum) e empregábano principalmente para cuñar moedas, aínda que tamén facían xoias con ese metal precioso. O emperador Augusto (27 a. C.-14 d. C), para fortalecer o seu poder, decidiu introducir unha novidade monetaria no Imperio. As moedas principais serían o áureo –de ouro– e o denario –de prata– aínda que habitualmente tamén se usaban outras de bronce ou cobre.
Ademais de servir para realizar compras, as moedas no mundo romano eran útiles como medio de propaganda dos gobernantes. A orixe da minería romana no Noroeste da Península Ibérica explícase pola política de Augusto, que empezou a acuñar áureos cun fin propagandístico.
O estado romano sacou das minas do Noroeste peninsular boa parte do ouro necesario para acuñar a moeda durante dous séculos. A crise monetaria do século III provocou que as moedas cambiasen de valor e as minas foran clausuradas.
Construtores e mineiros:
A construción de vías de comunicación e de minas a ceo aberto debeu estar controlada por unha elite de enxeñeiros romanos, un corpo técnico moi especializado posiblemente vinculado ao exército. Augusto, o primeiro emperador romano (27 a. C.-14 d. C), promove o abandono dos castros prerromanos e o asentamento da poboación indíxena nos vales.
As minas de ouro romanas non foron traballadas maioritariamente por escravos, senón pola poboación indíxena local que pagaba o seu tributo a Roma en forma de traballo nas minas.
Con todo, tamén existiu o traballo servil escravo, así como a de condenados a traballos forzados (damnati ad metalla), pero o maioritario serían os individuos libres de procedencia indíxena. O persoal especializado da mina (enxeñeiros, técnicos e administradores) vivía nunha especie de campamento-base semellante a unha villa-factoría rural situado nas proximidades da mina.
A mina romana das Borreas, tamén recibe o nome de As Telleiras, xa que serviu para extraer arxila para fabricar tellas na década de 1960.
Para saber máis
- Xusto Rodríguez, M. Territorialidade castrexa e galaico-romana na Galicia Suoriental: A terra de Viana do Bolo. Boletín Auriense.Anexo 18. Museo Arqueolóxico de Ourense. 1993
- Orejas, A. La mano de obra en las Médulas. Fundación Las Médulas. 2002
- Sánchez Palencia, F.J. Las Médulas (León). Un paisaje cultural en la Asturia Augustana. Instituto Leonés de Cultura. León. 2000
RUINA MONTIUM, OBRA DE XIGANTES
Ruina Montium é a técnica de minería que combina a construción de pozos e galerías subterráneas co uso de auga para derrubar grandes masas de terreo aurífero. A utilización da forza hidráulica permitiu reducir as necesidades de man de obra, favorecendo o movemento de grandes cantidades de terra a un nivel que non foi superado ata o século XIX.
Construción da mina:
Os romanos buscaban áreas ricas en recursos minerais, en especial de ouro, para explotalas de forma sistemática.
Despois de varios quilometros a auga chegaba aos depósitos principais, na cabeceira da explotación, de onde se distribuía aos pozos de ruina montium.
Obtención da auga:
A mina era obxecto da construción dunha importante infraestrutura hidráulica ao longo de varios quilómetros en forma de canles artificiais de auga ou corrugus.
Para o lavado de todos os materiais procedentes dos derrubes provocados pola erosión hídrica sería necesario canalizalos ate as agogae, os espazos de sedimentación e decantación do mineral.
Unha vez na mina a auga era utilizada para esborrallar a fronte de explotación mediante pozos verticais e galerías horizontais pola que a auga almacenada nos depósitos entraba en tromba.
O monte desfacíase de vez por causa do aluvión de auga.
Plinio conta: "Xunto ás cabeceiras dos declives [refírese ás frontes de explotación] , nas cristas dos montes, escávanse uns depósitos, de douscentos pés por ambos os lados e uns dez de profundidade [uns 60x60x3 m] . Neles déixanse cinco canles de desaugadoiro duns tres pés cadrados [uns 90 cm2] , de forma que, unha vez abertas as bocas de saída, co depósito cheo, se precipite cara a fóra un torrente de tanta forza que faga rodar as rocas [...]"
A EXTRACCIÓN DO OURO
A continuación o conglomerado desfacíase utilizando chorros de auga nas canles de lavado e decantación, tamén coñecidas como agogae (ágogas). Segundo Plinio esta técnica tiña un custe moi baixo e unha eficacia moi elevada.
Para evitar o colapso do lavadoiro e facilitar o desaugue do material residual abríronse catro colas de lavado ou conos de dexección en dirección Leste-Oeste que facilitaba o seu vertido ao río.
O traballo: O proceso consistiría en dirixir a auga desde as frontes da explotación de maneira que, a través duns leitos realizados manualmente, fose arrastrando os cantos e as arxilas. A acción do pico dos mineiros, que se situarían ben ao lado da corrente ou ben dentro dela, farían o resto.
Canle de madeira: Para reter o po de ouro utilizábase o breixo ou urceira nunha canle por onde discorría a auga cos minerais. Plinio conta que “o úlex, despois de seco, quéimase e a súa cinsa lávase poñendo debaixo unha cama de herba para que alí se sente o ouro”.Ao ter unha densidade máis alta, o ouro depositábanse no fondo da canle, onde quedaba retido polas follas de breixo.
Agogae: Son as fosas de gradas realizadas na zona chan da mina ás que vai parar a auga procedente da cabeceira da explotación. Antes de que o lodo arrastrado pola auga entrase nas ágogas quitábanse os cantos rodados máis grosos, que os mineiros depositaban en moreas aliñadas aos lados das canles, en zonas que xa foran explotadas. Esas pilas de cantos reciben o nome de “murias”.
O nome da mina procede da palabra “borra” (lat. burra), sinónimo de sedimento, residuo, en referencia ao material sobrante da mina
CASTROS NA CONTORNA DAS BORREAS
Algúns investigadores cren que o Beneficiarius Procuratoris, xunto coa súa guarnición, poderían residir no castro da Vila da Sen (parroquia de Bembibre), situado a 2,5 km ao Suroeste da Mina das Borreas. Esta hipótese ten base en tres indicios:
- A proximidade xeográfica do asen tamento á mina e ao perfecto dominio visual que desde el se exercería sobre ela e sobre os seus accesos.
- A facilidade de comunicación entre ambos os dous xacementos, conservándose aínda hoxe en día os
restos dun camiño e dunha antiga vía de paso: a Ponte da Morteira.
- A aparición no castro da Vila da Sen de anacos de cerámica común romana consistentes en imitacións de
fontes con verniz roxo-pompeiano.
Co fin de exercer un control sobre a rede de aportación hídrica á mina crese que outra guarnición puido estar asentada na fortificación da Cabeza de Seoane (San Adrao de Solbeira).
.
Minas romanas
Minas romanas
Minas romanas
Minas romanas As Borreas en Caldesiños
Minas romanas As Borreas en Caldesiños
Mina das Borreas, en Caldesiños
Exemplo dun filón nos Caveancos, entre as parroquias de Froxais e Quintela de Edroso
Baixorrelevo romano que representa un grupo de mineiros Descuberto cerca de Linares (Jaén) en 1875
Tégula coa marca da Legio VII
Pico de ferro atopado no castro de Castromao Museo Arqueolóxico de Ourense
Descargas

restos dun camiño e dunha antiga vía de paso: a Ponte da Morteira. - A aparición no castro da Vila da Sen de anacos de cerámica común romana consistentes en imitacións de