Podes solicitar Cita Previa para a túa Oficina de Emprego no seguinte enlace:
https://emprego.xunta.es/citaprevia/
Os trámites para os que está habilitada a cita previa presencial son os seguintes:
- Inscrición inicial da demanda de emprego, para aquelas persoas que nunca estivesen inscritas como demandantes.
- Modificación, actualización e outros trámites relativos á túa demanda de emprego, así como obtención de informes.
- Orientación, asesoramento e acreditación da busca activa de emprego para a solicitude de subsidios ou outras rendas.
- Formación para emprego (cursos ou obradoiros de emprego).