Sáuda do Alcalde
Benvidos á páxina web do Concello de Viana do Bolo.
Como alcalde quero dirixir unhas palabras de benvida a todos os veciños, veciñas e visitantes deste portal municipal a través do cal se pode consultar, tramitar e dispoñer de toda a información do Concello, utilizando os novos recursos tecnolóxicos, facilitando así a accesibilidade e sobre todo a transparencia.
O meu compromiso como rexidor deste municipio é coidalo, protexelo e conseguir que sexa un lugar idóneo para vivir.
Viana do Bolo localízase no oriente ourensano, no corazón do río Bibei. Son 271 kilómetros cadrados de verdes paisaxes con altas montañas e profundos vales, onde se respira a paz do rural.
A súa maxia atópase no conxunto da súa historia, do seu rico patrimonio etnográfico e nos seus espacios naturais con árbores centenarias, que conviven cunha fauna e flora única.
Estamos orgullosos dos nosos costumes e tradicións, facendo do Entroido unha festa inolvidable que quedará gravada na retina de todas as persoas que acuden a disfrutalo.
En definitiva, desexo que esta páxina web sirva para acercar a toda a veciñanza e a tódolos visitantes da nosa terra, un concello que ten moito que ofrecer.
Unha aperta.
Andrés Montesinos Rodriguez.