Presentación de actividades para este Verán 2021 en Viana do Bolo: 


Actividades lúdicas, culturais, festivas e deportivas para tódolos públicos e para tódalas idades. 


Actividades de conciliación como a Ludoteca e o Campamento de Verán.


Actos e eventos en colaboración coas diversas Asociación culturais de Viana (teatro, actuacións musicais, exposicións,  andainas, rutas culturais, desfile de moda...)


Mención especial para as actividdades que terán lugar durante as Festas Patronais, entre as que se inclúen a Festa dos anos 80, actuacións de Bandas de Música e Gaitas, concertos,... e moitas actividades para o disfrute dos/as veciños e veciñas de Viana. 


Por último, cabe salientar o papel relevante que o deporte toma este ano na nosa programación. Eventos de importante calado a nivel nacional e autonómico coma: o Campus do Atlético de Madrid, a regata provincial de piragüismo, andaina "Terras do Bibei". Tamén eventos máis "amateur", pero igual de divertidos e relevantes coma rutas de senderismo, alquiler de Kaiaks, tirolina na piscina,...


Todo está preparado para facer deste, un verán inesquecible!!