Este mes de outubro temos unha cita coa lectura da man do programa BIBLIOUTONO!!

Contacontos infantís, conferencias, obradoiros, música e maxia... todo está preparado para ofrecervos un comezo de outono moi entretido e educativo!!

O ourizo cacho “Naturizo” contaranos historias das súas aventuras pola serra e sobre a importancia do coidado do medioambiente.

Principio del formulario

Con “Dende Exeria a Xela Arias” repasaremos a vida de importantes mulleres na historia de Galicia. Un itinerario que no que afondaremos na obra e na vida de grandes referentes intelectuais galegas coma Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Filomena Dato .

Continuamos coa programación da man da escritora María Canosa quen, con máis de 50 obras publicadas e 10 premios literarios é, hoxe en día, un dos referentes da literatura galega actual. Con ela repasaremos interesante vida de Emilia Pardo Bazán no ano que se cumpre o centenario da súa morte.

Para rematar coas actividades de Biblioutono contaremos coa actuación de “Laretando nas lareiras”. O Mago Martín Camiña e a Maga Fani achégannos un espectáculo de ilusionismo para público familiar, que emprega o humor e a participación para recuperar a memoria do que somos e o valor da nosa lingua.

As actuacións, que se realizarán na Casa da Cultura, forman parte dos programas “Ler Conta Moito”, para a dinamización de Bibliotecas, e “FalaRedes” para dinamización lingüística, ambos subvencionados pola Xunta de Galicia.

NON se require inscrición previa para acudir ás actividades!!

As medidas e normas de hixiene e seguridade estarán garantizadas!