A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 250/71GAL emitido ás 21:58 horas do 07/10/2024, dun fenómeno metereolóxico adverso de nivel AMARELO por CHUVIAS que afectará a partir da primeira hora da tarde do día 08/10/2024, aos ámbitos xeográficos da Coruña (Oeste, Suroeste e Interior), Pontevedra (toda a provincia) e Ourense (Noroeste). A precipitación acumulada poderá superar os 15 mm. nunha hora e os 60 mm en 12 horas.
Así mesmo, informa dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel AMARELO por VENTO que afectará desde a tarde do día 08/10/2024, aos seguintes ámbitos xeográficos:
- A Coruña (toda a provincia), Lugo (Centro e Montaña), Ourense (Noroeste), Pontevedra (toda a provincia), con refachos que poden superar os 80 km/h.
- Lugo (A Mariña), Ourense (Montaña), con refachos que poden superar os 90 km/h.