PAKOLAS E O SEU ESPECTÁCULO "CORES, CONTOS E ROCK´N ROLL"

Comezamos un novo curso escolar, e que mellor maneira de facelo que da man da enerxía e música de Paco Cerdeira "Pakolas", un dos mellores artistas da escea musical infantil galega e finalista dos Premios Martín Códax da Música no ano 2018. 

"Cores, Contos e Rock´n Roll" é un espectáculo onde a interacción coas nenas e nenas, a súa música acompañada por contos, e as cores e debuxos de Laura Romero, quen o acompaña nesta actividade, son o principal atractivo para o público infantil e familiar. 

A actividade está baseada no libro-cd de Pakolas: "Cancións para rockear, para soñar, e tamén sobre todo para aprender", que tedes dispoñible na Biblioteca Municipal.

Non o podedes perder!!