Xa están a piques de comezar as vacacións dos/as máis cativos/as e con elas, un ano máis, as Actividades Infantís de Verán... 

Repetimos coa Ludoteca (mes de xullo) e o Campamento (mes de agosto) para conseguir unha conciliación familiar o máis efectiva posible. 

INSCRICIÓNS

Para inscribirse é necesario cumplimentar e asinar a "Solicitude de inscrición" e a "Autorización de tratamento de datos persoais"

A documentación deberá presentarse no Rexistro do Concello de Viana do Bolo de forma presencial ou telemática. 

PRAZOS DE INSCRICIÓN

Os prazos de inscrición son os seguintes:

  • Ludoteca: do 5 ao 16 de xuño 
  • Campamento: do 5 ao 16 de xuño e do 10 ao 17 de xullo

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS 

As prazas serán adxudicadas seguindo os criterios que figuran no punto 1 das “Normas para a participación nas Actividades Infantís de Verán 2025” que podes consultar a continuación. 

A documentación que acredite as condicións recollidas no punto 1. b), só se requerirá no caso de que o número de solicitudes de inscrición supere o de prazas ofertadas. 

Para os/as menores non empadroados sí se seguirá como criterio de selección o da orde de inscrición.  

Confirmarase a adxudicación da praza ao/á menor inscrito/a mediante unha mensaxe de Whatsapp ao teléfono que figure na documentación de solicitude presentada. Nesta mesma mensaxe tamén se notificará o importe da taxa a pagar por cada familia segundo o número de participantes e o número de conta no que é necesario realizar o ingreso. 

PAGO DE TAXAS 

Unha vez recibida a mensaxe da adxudicación das prazas e do importe a pagar por cada familia deberá realizarse o ingreso da taxa correspondente dentro dos prazos establecidos:

  • Pago de taxas Ludoteca: Do 18 ao 20 de xuño 
  • Pago de taxas Campamento: Do 21 ao 23 de xullo

Tras realizar o pagamento da taxa deberá entregarse o xustificante do mesmo no CIM (ou enviarse por correo electrónico). 

Para máis información contactar co CIM: 988 32 92 60  ou  cimviana@concellodevianadobolo.com 

 

Descargas