A Real Academia Galega acordou adicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).
Coa elección deste ano quérese recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade desde sempre.
Dende o Concello de Viana do Bolo queremos celebrar esta data tan importante para a nosa lingua e literatura coa actuación de Emilio Rúa e X.C. Caneiro!!
"Lingua miña que te quero" trátase dunha orixinal actuación que mistura dun xeito moi emotivo a música coa poesía e a literatura.
A actuación terá lugar na Casa da Cultura venres 16 de maio ás 20:00 horas.
Actividade subvencionada pola Rede de Auditorios da Deputación (ReaOU).
