DÍA DA MULLER RURAL 2019

O 15 de outubro celébrase o "DÍA DA MULLER RURAL". Con motivo desta data, o Concello de Viana do Bolo, a través do seu Centro de Información á Muller (CIM) organiza unha serie de actividades para todos os gustos e idades.
Comezamos a fin de semana con teatro de calidade da man de recoñecida compañía ourensá Sarabela Teatro, que nos achega ata Viana o seu espectáculo infantil e familiar "Noa no espello".
O domingo contaremos coa música e poesía do compositor, guitarrista e cantante galego Xoán Curiel, finalista en varias ocasións nos Premios Martín Códax da Música.
A programación complétase con contacontos e obradoiros de promoción da igualdade impartidos nos centros de ensino do noso concello.