O Concello de Viana do Bolo organiza durante este mes de outubro a súa IV Edición do Ciclo de Outono Teatral.
Un evento que este ano contará con tres importantes e recoñecidas representacións teatrais para todos os gustos e idades.
Comeza este IV Ciclo de Outono o domingo 13 de outubro coa obra "CASA O REI" de Santiago Cortegoso, quen propón un xogo escénico e dramatúrxico baseado na obra "Rei Lear" de W. Shakespeare, pero ambientado nunha típica casa de comidas galega.
A obra conta, que foi estreada no 2018, conta xa con numerosos premios (montaxe, música, actores,etc) e cun elenco de actores e actrices de recoñecido prestixio.
A segunda xornada terá lugar o sábado 19 de outubro coa comedia teatral "RUNNING", que nos achega a historia amorosa de Julia e Román, cargada de humor e reflexando os problemas da vida actual. No escenario, unha actriz e un actor que terán que suar a camisa para poñerse na pel de todas as persoaxes desta vertixinosa comedia.
Para rematar, o sábado 26 de outubro contaremos co espectáculo musical dirixido a un público familiar "HANSEL E GRETEL". Tomando como base o conto dos irmáns Grimm faise unha satírica crítica ao capitalismo, o consumo excesivo de bens innecesarios etc. Diferentes niveis de lectura para rapaces e para adultos.
NON FALTEDES A ESTAS CITAS CO TEATRO E COA CULTURA!!





