PROGRAMACIÓN POLO 25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA AS VIOLENCIAS
Con motivo da conmemoración o 25 de novembro do "Día internacional contra a violencia machista", o Concello de Viana do Bolo, a través do seu Centro de Información á Muller (CIM), organiza unha serie de actividades e actos durante este mes de novembro.
As actividades son moitas e moi variadas e con elas preténdese sensibilizar a toda a veciñanza vianesa contra a lacra que supón a violencia machista.
Este ano, e por segundo ano consecutivo, o Concello de Viana do Bolo adheriuse á campaña de sensibilización “En negro contra as violencias”, unha campaña que conta xa coa adhesión de máis de 100 concellos de toda Galicia e coa que se pretende implicar a toda a sociedade na loita contra a violencia. Por esta razón o lema deste ano volverá ser “VIANA EN NEGRO”.
Con este lema o Concello de Viana ten preparada a distribución de diverso material (pegatinas, mochilas, camisetas, etc.) para repartir entre os establecementos comerciais de Viana do Bolo e tamén entre os/as veciños/veciñas que participen nas actividades e actos organizados.
Nos próximos días ampliaremos a información sobre cada unha das actividades!!
VIANA EN NEGRO!! VIANA CONTRA AS VIOLENCIAS!!


