BASES DO CONCURSO "CARTEL DE ENTROIDO 2020"
Bases Concurso Cartel ENTROIDO 2020. Viana do Bolo
Premio 1500 €. Data límite presentacion obras 10/1/2020
Este ano ten unha especial significación, pois cúmprense 50 anos da festa da Androlla, que se celebra o domingo gordo 23 de febreiro do ano 2020. Ante esta efeméride este goberno considerou elevar o premio ao ganador do concurso; así este ano levará 1500 €; multiplicando por 3 o valor económico do ano 2019.
Dende esta alcaldía animamos a todas e todos as/os artistas, tanto de Viana do Bolo, como de fora a participar neste concurso.
E por suposto a toda a poboación, que reserve datas para gozar do Entroido de Viana do Bolo e do seu manxar mais exquisito A Androlla.
Que non cha conten, Viana hai que vivila!!

Presentación das Bases do Concurso
