EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "MULHERES" DE MERCEDES VÁZQUEZ SAAVEDRA

O venres 22 de novembro terá lugar, no Salón de Plenos de Viana do Bolo, o acto de presentación da Exposición Fotográfica “Mulheres” de Mercedes Vázquez Saavedra, escritora e fotógrafa correcamiños, nacida en Sarria (Lugo)

A exposición “Mulheres” achega o resultado dunha investigación feita pola fotógrafa arredor das mulleres arraianas, comezando polas aldeas da raia galaico-portuguesa. O traballo de Mercedes Vázquez vai máis aló da simple imaxe, xa que capta nos retratos a testemuña transmitida en conversas e convivencias con estas mulleres, algunhas delas xa centenarias.

A exposición, ubicada na Sala de Exposición do Concello de Viana do Bolo, estará aberta dende o 22 de novembro ata o 3 de decembro en horario de 9 a 14 horas.

Non faltedes a esta cita coa cultura e coa historia!