APRAZAMENTO DA
Debido ás malas condicións meteorolóxicas previstas para mañá domingo e dado o mal estado do camiño polo que transcorre a ruta, vémonos na obriga de suspender a realización da "III ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA", e aprazala ata que a climatoloxía mellore.
Recordamos que a pesares deste contratempo, a tarde do domingo tedes dúas interesantes citas coa igualdade: unha en forma de espectáculo para toda a familia con "Rosa Caramelo", e outra coa proxección das curtas "16 de novembro" e "Suc de Sindria" organizada polo Cine- Clube A Lanterna.


