OBRADOIROS PARA UN NADAL SOSTIBLE

O Nadal é unha época chea de consumo e "excesos" polo que, dende o Concello de Viana do Bolo, queremos apostar por actividades que fomenten a saúde, o consumo responsable e o respecto ao medioambiente, e farémolo mediante unha serie de obradoiros de Cociña Consciente e Ecolóxica e de Elaboración de xoguetes con materiais reciclados dirixidos a grandes e cativos.
As prazas son limitadas así que anótate xa nas Oficinas do Concello.