Achégase o Nadal, unha época chea de maxia e diversión para os/as máis cativos/as da casa. Dende o Concello de Viana do Bolo temos preparadas multitude de actividades para facer deste un Nadal inesquecible.
Unha axenda cargada de actividades coma: Ludoteca, Festa de Nadal co Apalpador, Obradoiro de Xoguetes Reciclados e Larpeiradas, Música a cargo de Maxín Blanco, Teatro co Bolechas, cinema infantil, inchables, Cabalgata de Reis, etc. Un gran número de actividades para que non deixar espazo ao aburrimento.
A ludoteca e os Obradoiros requiren inscrición previa, así que anótate e non quedes sen a túa praza!!!
Anótate xa a Ludoteca de Nadal e ao Obradoiro de Doces de Chocolate e non quedes sen a túa praza!!


