Con este calendario pretendemos promocionar o noso concello para que poda ser admirado todos os meses do ano.
Consta de 12 páxinas, unha por mes, con paisaxes e imaxes de elementos patrimoniais de Viana do Bolo no que se pretende expor a grande beleza do noso concello. Estas imaxes foron realizadas e selecionadas por dous magníficos fotógrafos Vianeses, Jose Luis e Andrés Ortiz. Dende o concello de Viana do Bolo agradecemos a contribución desinteresada destes grandes profesionais.
Este calendario será repartido entre todas as veciñas e veciños para que teñan presente todo o ano o especial da nosa terra. Instamos a veciñanza a ir polas oficinas municipais a partires do dia de hoxe a recoller dito calendario.
Dende o Concello de Viana do Bolo aproveitamos a ocasión para felicitar estas festas tan entrañabeis e desexar un estupendo vindeiro 2020.



