Gran Cabalgata de Reis un ano máis en Viana do Bolo!
Este ano como novidade convidamos a grandes e cativos/as a acompañar aos Reis Magos no seu percorrido polas rúas de Viana do Bolo arredor das 17:00h.
O reparto de agasallos terá lugar na Praza Maior de Viana e a tradicional chocolatada e os inchables espéranvos a todos/as no Pavillón Municipal a partir das 18:00h.
Non faltedes a esta importante cita cos Reis Magos!
