Domingo 15 de marzo ás 20:00h
"TABÚ": ESPECTÁCULO DE NARRACIÓN ORAL POLO DÍA DA MULLER
“Tabú” é o novo espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.
Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú.
Un tendal para poñer ó clareo todas as intimidades.
Narración oral de Carmen Conde e Música en vivo de Nastasia Zücher.