BANDO INFORMATIVO
MEDIDAS HIXIÉNICAS E PREVENTIVAS COVID-19
A fin de lembrar ás veciñas e veciños de Viana do Bolo as distintas medidas hixiénicas e preventivas a ter en conta ó longo do período de confinamento domiciliario, esta Alcaldía ten a ben
INFORMAR
PRIMEIRO. As medidas recomendadas polas autoridades sanitarias para protexernos do novo Coronavirus COVID-19 son as seguintes:
- Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón.
- Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca.
- Ao tusir, cubrir a boca ben cun pano desbotábel, ou ben contra o brazo co cóbado flexionado.
- En caso de presentar calquera síntoma respiratorio, evitar o contacto próximo con outras persoas.
- Da cordo coas instrucións das autoridades sanitarias, a poboación sa non precisa empregar máscara. Estas resultan eficaces para prever a transmisión do virus se as levan aqueles que están enfermos.
SEGUNDO. Só se pode saír da casa para realizar as COMPRAS IMPRESCINDIBLES DE PRIMEIRA NECESIDADE, seguindo as seguintes precaucións:
- Poden ir á compra aquelas persoas que non presenten síntomas. As persoas con patoloxías previas ou factores de risco deben quedar na casa.
- Mantén unha distancia mínima de 1 metro e medio, e evita as aglomeracións.
- Emprega luvas de usar e tirar.
- Non toques a túa cara, e lava as mans en canto chegues á casa.
- Planifica as túas compras: fai unha lista de todo o que necesitas para varios días.
- As persoas maiores que así o necesiten, poden dirixirse ó teléfono do Concello (988 340 120) en horario de 9:00 a 14:00 horas para solicitar que o persoal municipal lles achegue alimentos ou medicación.
TERCEIRO. En caso de presentar a sintomatoloxía propia do COVID-19 (febre, tose seca e sensación de falta de aire) EVITAR ACUDIR DIRECTAMENTE Ó CENTRO DE SAÚDE. Deberase CONTACTAR TELEFÓNICAMENTE co 900 400 116 ou co 061.