BANDO INFORMATIVO

SUSPENSIÓN DE PRAZOS TRIBUTARIOS E NON DEVENGO DAS TAXAS POLAS ACTIVIDADES MUNICIPAIS SUSPENDIDAS.

 

Recibida notificación do Servizo de Xestión Tributaria e Recadación da Excma. Deputación Provincial de Ourense, esta Alcaldía, ten a ben

 INFORMAR

 PRIMEIRO. Os servizos de carácter administrativos continuarán a prestarse a tódolos cidadáns por medios telemáticos e mesmo telefónicos. Os interesados poden tramitar as súas solicitudes na Sede Electrónica da Deputación (sede.depourense.es). En caso de que os cidadáns carezan de medios para a realización on-line dos trámites administrativos, atenderáselles por correo electrónico (recaudacion@depourense.es) ou telefonicamente (988 317 720), indicando o trámite que desexan realizar.

 

SEGUNDO. En relación ós procedementos de xestión tributaria e recadación en curso, a Deputación Provincial acordou a apricación das seguintes regras, e que afectan á tramitación do Imposto de Bens Inmobles, o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, o Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras, e mais o Imposto sobre Actividades Económicas, así como a Taxa de Recollida do Lixo:

  1. No caso dos tributos emitidos en período voluntario de pagamento, o prazo de pagamento entenderase suspendido durante o período que dure o estado de alarma, sen prexuízo de que os contribuíntes poidan seguir realizando pagos durante dito período.
  2. Durante a vixencia do estado de alarma non se iniciará o período de pagamento voluntario de ningún tributo.
  3. Durante a vixencia do estado de alarma, quedarán suspendidos os procedementos de recadación en vía executiva, e non se procederá á iniciación de novos procedementos deste tipo.

 

TERCEIRO. No tocante ás taxas recadadas polos Servizos Municipais, respecto de actividades suspendidas debido ó estado de alarma, en concreto, a Taxa de Escolas Deportivas e a Taxa de Escolas Musicais, o Concello xirará unicamente o importe correspondente ó período comprendido entre os días 1 e 13 de marzo de 2020.

 

CUARTO. No tocante á Taxa da Auga, cuxa recadación leva a cabo a empresa concesionaria VIAQUA, lémbrase que dende o pasado 23 de marzo, dita empresa adoptou as seguintes medidas:

  1. Non se realizará a lectura dos contadores, procedéndose á estimación dos consumos ata poder obter a lectura real e normalizándose os mesmos por exceso ou defecto nas seguintes facturacións.
  2. Amplíase o pago das facturas cunha mora de 30 días no período voluntario.
  3. Durante a vixencia do estado de alarma, non se realizarán interrupcións no subministro por falta de pagamento, en ningún caso.

 

 

O que se fai público para o xeral coñecemento en Viana do Bolo a 2 de abril do 2020.

 

 

Descargas