BANDO INFORMATIVO
INFORMACION SOBRE MATERIAL DE PROTECCIÓN (EPIs)
(Segunda comunicación)
O Alcalde do Concello de Viana do Bolo informa sobre o material de protección:
PRIMEIRO. Emendar o erro do anterior comunicado no referente ao material cedido a Residencia de Maiores San Roque que debería ser así:
Luns 30 de marzo foi cedido a Residencia de Maiores San Roque da rúa María Pita o seguinte material:
-Mascaras cirúrxicas. 50 unidades
-Xel hidroalcohólico. 1 garrafa de 5 l das adquiridas polo concello anteriormente ao estado de alarma.
-Luvas de plástico de un so uso. 1 caixa
SEGUNDO.- Fixéronse as seguintes actuacións:
Xoves 2 de abril.- Foi cedido a todos os negocios que están abertos en Viana do Bolo, por ser negocios que teñen actividades esenciais como poden ser farmacias, supermercados, panadarías, estanco... o seguinte material:
-Mascaras cirúrxicas 5 unidades/establecemento
-Luvas de plástico de un so uso. 5 pares/establecemento
-Batas protectoras (un so uso). 1 unidades/establecemento
O que se fai público para o xeral coñecemento en Viana do Bolo a 3 de abril do 2020.