BANDO INFORMATIVO
INFORMACION SOBRE MATERIAL DE PROTECCIÓN (EPIs)
(Cuarta comunicación)
O Alcalde do Concello de Viana do Bolo informa sobre o material de protección:
PRIMEIRO. Recibiuse o seguinte material:
Luns 13 de abril.- Enviado dende a Xunta de Galicia ao Concello por mensaxeiro o seguinte material:
-Máscaras cirúrxicas. 300 unidades
-Luvas de nitrilo: 2 caixas
-Xel hidroalcohólico ( bote de 500 ml). 3 unidades
-Lixivia. 6 litros
-Traxes antisalpicaduras. 6 unidades
Luns 13 de abril.- Foi doado ao Concello por Ruben López e recollido no Concello de A Rúa pola Policía Local e a Concelleira de Servizos Sociais, Natalia Estévez Guerra, o seguinte material:
-Pantallas de protección individuais. 151 unidades
Martes 14 de abril.- Doado ao Concello pola ferraxaría Bricomarc e recollido polo Tenente-Alcalde Xosé Antonio Alfonso García o seguinte material:
-Máscaras de 3 capas. 100 unidades
-Luvas de nitrilo: 8 caixas
-Xel hidroalcohólico (garrafas de 1000 ml). 4 unidades
-Traxes antisalpicaduras. 30 unidades
SEGUNDO. Dende o Concello de Viana do Bolo foi cedido o seguinte material de protección:
Martes 14 de abril.- Comezamos a repartir máscaras e luvas entre a poboación.
Comezaremos polos grupos de risco. En primeiro lugar recibirán unha máscara cirúrxica e un par de luvas as persoas que están atendidas no programa de Axuda no Fogar, tanto na modalidade básica como na de dependencia.
Mércores 15 de abril.- Seguimos a repartir máscaras e luvas entre a poboación.
Seguimos cos grupos de risco. Comezamos o reparto entre os maiores de 70 anos residentes na Vila de Viana do Bolo, quenes recibirán unha máscara cirúrxica e un par de luvas.
A máscara que vai neste envío non significa ningún tipo inmunidade fronte ao virus, é un elemento mais de barreira de protección nas saídas fora do domicilio. Tomalo dese xeito, seguindo as instrucións de uso e nunca deixar de lavar as mans, manter a distancia de seguridade e demais normas de protección persoal.
O que se fai público para o xeral coñecemento en Viana do Bolo a 15 de abril do 2020.