BANDO INFORMATIVO
INFORMACION SOBRE MATERIAL DE PROTECCIÓN (EPIs)
REPARTO DE MÁSCARAS A TODA A POBOACIÓN DE VIANA

O Alcalde do Concello de Viana do Bolo informa sobre o material de protección:
O concello de Viana do Bolo adquiriu o seguinte material: 2000 máscaras cirúrxicas e 800 pantallas. Dito material será repartido nos próximos dias a todas as veciñas e veciños de Viana do Bolo.


En primeiro lugar felicitar a toda a veciñanza polo seu comportamento exemplar, por seguir as instrucións e normas para evitar os contaxios; tamén felicitarnos todas e todos por non ter ningún caso de coronavirus até o de agora no noso Concello.

Dende a Alcaldía e o Goberno municipal consideramos que as medidas de protección individual son un complemento importante para a protección da veciñanza fronte ao coronavirus. Unha protección que está sendo recomendada nestas datas polas administracións estatal e galega.

Lembrar que o Concello xa repartiu máscaras e luvas do material as persoas de grupos de risco como os que reciben axuda no domicilio e os maiores de 70 anos que residen na capitalidade municipal. Porén como o material que subministra a Xunta de Galicia non chega, esta Alcaldía decidiu conseguir mais material de protección para que todas as veciñas e veciños de Viana tiveran a posibilidade ter elementos de protección individual.

Nos próximos dias todas as veciñas e veciños comezaran a recibir nos seus domicilios este material. Os residentes no rural recibirán unha máscara e un par de luvas por persoa. Os residentes na capitalidade municipal, por loxística, deberán chamar ao concello 988 340 120 para indicar o material que precisan (máx. 1 máscara e un par de luvas por persoa) e seralles entregado no seu domicilio.

De todos xeitos, dende o concello lembramos que as máscaras que van neste envío non significan ningún tipo inmunidade fronte ao virus, é un elemento mais de barreira de protección nas saídas fora do domicilio. Utilizalas adecuadamente tendo en conta que teñen unha duración limitada, non son permanentes. Tomalo dese xeito, seguindo as instrucións de uso e nunca deixar de lavar as mans, manter a distancia de seguridade e demais normas de protección persoal. Protexéndonos nos, tamén protexemos aos demais

De todos xeitos a medida mais importante é o confinamento, evitar saír a rúa, quedarse na casa.

 

O que se fai público para o xeral coñecemento en Viana do Bolo a 21 de abril do 2020.

Descargas