Hoxe, 23 de abril, celébrase o Día do Libro e, como ven sendo costume, o Concello de Viana do Bolo quere conmemorar esta data tan sinalada animando á lectura entre os/as veciños e veciñas.

O Concello de Viana do Bolo realizou, nos últimos anos, multitude de actuacións e actividades dirixidas a fomentar a lectura entre a veciñanza de Viana, dando mostras do seu interese e compromiso coa cultura, a educación, o coñecemento, etc. Entre as actuacións levadas a cabo destacan:
- a amplicación en máis de 1.000 exemplares da colección bibliográfica dispoñible na Biblioteca Pública Municipal de Viana do Bolo (BPM)
- ampliación e reforma das instalacións nas que se ubica a BPM
- realización máis de 20 obradoiros e contacontos de diversa temática (enmarcados dentro do Programa Ler Conta Moito da Rede de Biblitecas de Galicia (na que se inclúe a BPM de Viana)
- diversas presentacións de libros contando coa presenza dos/as autores/as dos mesmos, Bibliopiscina, etc.
- inclusión da nosa Biblioteca na "Rede Meiga", unha ferramenta para informatizar a xestión dos fondos da biblioteca, e que permite aos/ás socios/as da mesma acceder a multitude de información, documentación, recursos, web, buscadores, revistas, etc.

Neste ano, con motivo da excepcional situación de confinamento que estamos a vivir, as actividades programadas para celebrar esta data (feira do libro, contacontos, exposición de obras, etc.) non poderán ter lugar. Porén animamos a todo/as os/as lectores/as que o desexen a acceder á plataforma de préstamo gratuíto de libros GALICIA LE.

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.

GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.

En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.  

Pica no enlace para acceder á plataforma: 

https://www.galiciale.gal/