BANDO INFORMATIVO
COVID-19. SITUACIÓN EN VIANA DO BOLO
Confírmase o primeiro positivo de COVID-19 en Viana do Bolo.
En relación as ultimas novas relacionadas co COVID-19 en Viana do Bolo, dende o Goberno municipal que presido, desexamos informar a todas as veciñas e veciños de Viana do Bolo. Consideramos que a información veraz, sobre todo nestes tempos tan complexos e delicados que nos toca a vivir, é un dereito que temos toda a poboación. Polo tanto e en liña coa constante comunicación a veciñanza sobre as medidas e actuacións levadas a cabo polo Concello de Viana do Bolo, teño a ben
INFORMAR
PRIMEIRO.- Esta Alcaldía tivo coñecemento e confirmación no dia de hoxe, venres 24 de abril, do primeiro caso de COVID-19 no Concello de Viana do Bolo.
SEGUNDO- Neste complicado momento o primeiro é darlle moito ánimo a persoa infectada así como desexarlle unha pronta recuperación e pornos a súa disposición para axudar no que precise a nivel persoal. Dita disposición para axudar xa foi posta no seu coñecemento igual que no das autoridades sanitarias, do Estado e da Xunta de Galicia.
TERCEIRO- As persoas que estiveron en contacto coa persoa que deu positivo foron avisadas tanto polo Concello como polos servizos sanitarios; lembróuselles que deben permanecer en corentena e no caso de ter calquera sintomatoloxía ou dúbida deben pórse en contacto cos servizos sanitarios de Viana ou cos teléfonos que lles foron facilitados. Dende o concello tamén nos pomos a súa disposición para facilitarlles comida, menciñas, ou calquera cousa que necesiten para así pasar esta corentena confinados, sen saír da casa.
CUARTO.- Dende o Concello animamos a toda a poboación de Viana do Bolo a seguir cumprindo co confinamento, quedarse na casa, a manter e intensificar as medidas de protección persoal, lavar as mans, manter a distancia de seguridade e demais normas de protección. As máscaras e pantallas facilitadas polo Concello non significan ningún tipo inmunidade fronte ao virus, é un elemento mais de barreira de protección nas saídas fora do domicilio. Protexéndonos nos tamén protexemos aos demais!
De todos xeitos a medida mais importante é o confinamento, evitar saír a rúa, quedarse na casa.
Moito ánimo!!
Viana queda na casa!!
O que se fai público para o xeral coñecemento en Viana do Bolo a 24 de abril do 2020.