BANDO INFORMATIVO
SAIDA E DESPRAZAMENTOS DA POBOACIÓN INFANTIL


En relación coa Orde do Ministerio de Sanidade SND/370/2020, de 25 de abril, sobre as condicións nas que deben desenvolverse os desprazamentos por parte da poboación infantil durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, esta Alcaldía


INFORMA


PRIMEIRO. Os nenos e nenas menores de 14 anos, xunto cun adulto responsable, están autorizados para circular polas vías ou espazos de uso público, incluídos os espazos naturais e zonas verdes autorizadas. Os parques públicos e instalacións deportivas de Viana permanecerán pechados.


A persoa adulta responsable debe ser un maior de idade que conviva no mesmo domicilio que o menor, ou empregado do fogar encargado do menor. Cando o adulto responsable sexa unha persoa diferente aos proxenitores, titores, curadores, acolledores ou gardas legais ou de feito, deberá contarse cunha autorización previa de estes.


É responsabilidade do adulto acompañante garantir o cumprimento durante o paseo diario das medidas para evitar contaxios.


SEGUNDO. A circulación queda limitada á realización dun paseo diario, de máximo 1 hora de duración e a unha distancia non superior a 1 kilómetro respecto ó domicilio do menor, entre as 9:00 e as 21:00 horas. O grupo pode estar formado por, como máximo 1 adulto e 3 nenos, mantendo unha distancia interpersoal de canto menos dous metros e cumprir coas medidas de prevención indicadas polas autoridades sanitarias.


O que se fai público para xeral coñecemento en Viana do Bolo, a 26 de abril de 2020.

Descargas