BANDO INFORMATIVO
DESPRAZAMENTO DE AGRICULTORES E VITICULTORES AOS EFECTOS DE REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES AGRARIAS

 

En relación coa Orde de 27 de abril de 2020, pola que se modifica a Orde de 23 de marzo de 2020 pola que se adoptan medidas de carácter obrigatorio en relación co COVID-19, en cumprimento do acordo do CECOP, de 18 de marzo, sobre a venda directa de produtos agrogandeiros nos mercados, a venda de produtos vexetais para a plantación en hortas de consumidores finais e o desprazamento de agricultores e viticultores a efectos da realización de actividades agrarias, esta Alcaldía

INFORMA


Que a Consellería de Medio Rural ven de acordar, para toda Galicia, que as persoas que cultiven para autoconsumo poderán desprazarse o necesario para o mantemento dos seus cultivos e viñedos, atendendo as seguintes indicacións:

  • O desprazamento debe efectuarse dentro do mesmo termo municipal, ou non supor máis de 5km da súa vivenda habitual, se se efectúa a outro termo municipal.
  • Na leira só poderá haber dúas persoas como máximo, e mantendo sempre as medidas e protocolos de seguridade e prevención.
  • Deberán portar unha declaración responsable na que consten as leiras nas que realizan os cultivos con identificación da parcela, os tipos de cultivos que levan (se son ecolóxicos: a declaración de que non se empregan tratamentos fitosanitarios e non posúe o carné de aplicador/manipulador destes produtos) e a afirmación de que leva desprazándose, regularmente, ás leiras citadas durante o último ano para realizar actividades agrarias de autoconsumo.


O que se fai público para xeral coñecemento en Viana do Bolo, a 28 de abril de 2020.

Descargas