BANDO INFORMATIVO
SAÍDAS A PASEAR E A FACER DEPORTE DENDE O 2 DE MAIO


En relación á Orde do Ministerio de Sanidade 380/2020, de 30 de abril, sobre as condicións nas que se pode realizar actividade física non profesional ó aire libre durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, esta Alcaldía


INFORMA


PRIMERO. As persoas de 14 anos en diante poden circular polas vías e espazos de uso público, incluídos os espazos naturais e zonas verdes autorizadas, para a práctica de actividade física individual ou para pasear en horario de 06:00 a 23:00 horas, sen que resulten de aplicación as franxas horarias, en tanto Viana do Bolo ten unha poboación inferior ós 5.000 habitantes.


SEGUNDO. Os paseos poderán realizarse acompañados de outra persoa convivinte e cunha distancia non superior a 1 kilómetro respecto ó domicilio.


A práctica deportiva que non requira o contacto con terceiros só poderá realizarse de xeito individual, salvo casos de necesidade. Poderá practicarse deporte en todo o termo municipal, sen que resulte aplicable a limitación de 1km de distancia respecto ó domicilio.


Non poderán facer uso desta habilitación as persoas que presenten síntomas ou en corentena.

En ningún caso pode facerse uso de un vehículo motorizado para desprazarse a vías e usos públicos para practicar a actividade física prevista na Orde do Ministerio de Sanidade.

TERCEIRO. En todo caso deberá manterse unha distancia interpersoal de mínimo 2 metros con terceiros, evitar aglomeracións e espazos concorridos, así como cumprir as medidas de prevención e hixiene frente ao COVID-19.


O que se fai público para xeral coñecemento en Viana do Bolo, a 1 de maio de 2020.

Descargas