BANDO INFORMATIVO
REAPERTURA DO COMERCIO MINORISTA, RESTAURACIÓN E HOSTALARÍA.
En relación á Orde do Ministerio de Sanidade 388/2020, de 3 de maio, pola que se establecen as condicións para a apertura ao público de determinados comercios e servizos, Alcaldía
INFORMA
PRIMERO. Durante a FASE 0 da desescalada, permítese a reapertura de aqueles locales e establecementos do comercio minorista e de servizos profesionais (perruqueiras, librerías, ferraxerías, talleres ou tendas de arranxos) cuxa actividade se vira suspendida pola declaración do estado de alarma, sempre que garantan o cumprimento dunha serie de condicións que permitan compatibilizar esta reapertura coas medidas hixiénicas axeitadas:
- Sistema de cita previa e atención individualizada.
- Recollida no local dos produtos adquiridos.
- Sen zona de espera no interior.
SEGUNDO. Os locais deberán limparse obrigatoriamente ó finalizar o día, mediante desinfectantes con actividade virucida ou dilucións de lixivia (1:50) recen preparada. Ademais, o local de traballo deberá desinfectarse en cada cambio de quenda.
TERCEIRO. Deberá darse cumprimento a normativa de prevención de riscos laborais establecidas xeral e especificamente para prever o contaxio.
O que se fai público para xeral coñecemento en Viana do Bolo, a 4 de maio de 2020.