BANDO INFORMATIVO
PESCA FLUVIAL NO CONCELLO DE VIANA DO BOLO


En relación á Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (CECOP), do 5 de maio de 2020, esta Alcaldía,


INFORMA


PRIMEIRO. O CECOP ven de acordar, a proposta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que na Comunidade Autónoma de Galicia queda restablecida a actividade de pesca fluvial en calqueira das súas modalidades, federada e non federada.


SEGUNDO. O exercicio da pesca fluvial deberá levarse a cabo de acordo coas condicións sinaladas nas Ordes do Ministerio de Sanidade 380/2020, do 30 de abril, e 388/2020, do 3 de maio.


TERCEIRO. No caso dos pescadores non federados, poderán practicar a pesca fluvial as persoas maiores de 14 anos, 1 vez ó día en horario de 06:00 a 23:00 horas e sempre de maneira individual, mantendo unha distancia interpersoal de 2 metros. En todo caso deberá contarse con licencia de pesca fluvial (e permiso de pesca, se corresponde).


CUARTO. A práctica da pesca fluvial pode levarse a cabo dentro do ámbito territorial do Concello de Viana do Bolo, mais, ó igual que co resto de deportes, está estritamente prohibido o uso de vehículo motorizado para desprazarse ó lugar de pesca.


O que se fai público para xeral coñecemento en Viana do Bolo, a 6 de maio de 2020.

Descargas