BANDO INFORMATIVO
FASE 1 DA DESESCALADA NO CONCELLO DE VIANA DO BOLO
En relación á Orde do Ministerio de Sanidade 399/2020, de 9 de maio, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional, establecidas trala declaración do estado de alarma en aplicación da fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade, esta Alcaldía,
INFORMA
PRIMEIRO. A partires do luns, 11 de maio, permítese a circulación pola provincia de Ourense, respectando as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19. A tales efectos, os grupos deberán ser de un máximo de 10 persoas, salvo no caso de persoas convivintes.
SEGUNDO. Poderá procederse á reapertura ó público dos locais de comercio minorista e actividades de servizos profesionais cuxa actividade fose suspendida pola declaración do Estado de Alarma, incluídos concesionarios de vehículos, ITV, centros de xardinería e viveiros.
O aforo do local limitarase ó 30%, e deberá manterse unha distancia de seguridade de 2 metros. Ademais, deberá establecerse un horario de atención con servizo prioritario a maiores de 65 anos.
En todo caso deberá atenderse ás medidas de hixiene establecidas no artigo 11 e seguintes da Orde 399/2020.
TERCEIRO. Poderá procederse á reapertura ó público das terrazas ó aire libre dos establecementos de hostalaría e restauración, limitándose ó 50% das mesas permitidas na licencia municipal do ano 2019, cun máximo de 10 persoas por mesa, e garantindo unha distancia física de 2 metros entre mesas ou agrupacións de mesas.
CUARTO. Poderá procederse á reapertura de hoteis e aloxamentos turísticos, cumprindo coas medidas recollidas no Capítulo XIII da Orde 399/2020. Aos servizos de restauración e cafeterías dos hoteis e aloxamentos turísticos apicaránselle as condicións establecidas no Capítulo XIII da citada Orde.
QUINTO. Volve a estar prohibida a práctica da caza e pesca deportiva, non considerándose como un deporte individual permitido (artigo 43 da Orde 399/2020).
Para información ampliada e acceso á normativa, podes consultar a páxina web do Concello de Viana do Bolo (www.vianadobolo.gal).
O que se fai público para xeral coñecemento en Viana do Bolo, a 10 de maio de 2020.