BANDO INFORMATIVO
SUSPENSIÓN DA CELEBRACIÓN DAS FEIRAS.


Ponse en coñecemento de todos os veciños e veciñas así como da poboación en xeral, que esta Alcaldía, ven de ditar a seguinte Resolución, en relación celebración das feiras do Concello de Viana do Bolo:
“Vista a Orde do Ministerio de Sanidade 399/2020, de 9 de maio, para a flexibilización de determinadas restriccións de ámbito nacional, establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade.


Visto que o artigo 10.6 sinala que, cando así o decidan os Concellos correspondentes, poderase proceder á reapertura dos mercados que desenvolven a súa actividade ço aire libre ou de venta non sedentaria na vía pública. Vistas as restriccións e condicións sinaladas en dito precepto para a reapertura dos mercados,


RESOLVO


PRIMEIRO. Declarar que a celebración das feiras e mercados no Concello de Viana do Bolo continúa suspendida ate novo aviso, en tanto non se poden garantir as condicións de seguridade, distanciamento entre postos, aforo, etc esixidas polas autoridades sanitarias competentes.”


O que se fai público para xeral coñecemento en Viana do Bolo, a 11 de maio de 2020.

Descargas